inferioridade

inferioridade

(< inferior)

  1. s f

    Calidade de inferior.

  2. [PSIC]
    1. complexo de inferioridade

      Complexo que se produce por un conflito entre o impulso de impoñerse ou de ser aceptado e o temor dunha frustración repetidamente experimentada en situacións similares, e que adoita resolverse nunha conduta inconsciente agresiva e máis ou menos compensatoria.

    2. sentimento de inferioridade

      Sentimento de fraqueza e de impotencia, habitual no neno, pero reforzado por fracasos continuados na satisfacción do impulso de impoñerse ou de facerse aceptar, ou ben pola admisión dalgún defecto físico.

  3. comparativo de inferioridade [LING]

    comparativo.

Palabras veciñas

infeliz | inferencia | inferior | inferioridade | inferir | infernal | inferno