inferno
(< lat infĕrnu)
-
s
m
[HIST/RELIX]
-
Lugar do alén, contrario ao Ceo, dedicado ao castigo das ánimas dos pecadores. Distintas relixións ofrecen xeografías do Inferno: na mitoloxía xermánica transcorre a través de vales tenebrosos e o río da morte, no budismo existen un total de 136 infernos, que son fríos ou quentes segundo o tipo de castigo; e outra representación está vinculada á crenza nun xuízo final (xudaísmo, cristianismo e islamismo). Algunhas relixións establecen unha duración limitada das penas do Inferno. A noción cristiá é diferente das concepcións arcaicas e orientais pola insistencia no destino único da persoa, que vén dunha exintencia histórica posibilitada, por Xesús Cristo, de abrirse a unha nova vida en Deus. OBS: Normalmente escríbese en maiúscula.
-
Nome que en estadios primitivos de diversas relixións se aplica, prescindindo de valoracións morais, ao lugar onde habitan os mortos. A concepción do inferno como lugar común dos defuntos semella que xurdiu máis ou menos espontaneamente do culto aos mortos e da conseguinte convicción de que os antepasados non deixan de manter unha certa relación co mundo dos vivos. Só con posterioridade este destino común foi diferencido en dous posibles sentidos, o do premio e o do castigo, en función do comportamento que se tivese na vida. OBS: Nestas dúas acepcións pode utilizarse en plural con igual significado.
-
-
s
m
-
Situación ou cousa que ocasiona moito sufrimento, penalidade ou incomodidade.
Ex: Traballar naquel lugar era un inferno.
-
Sufrimento que este inferno produce.
Ex: O inferno comezou cando lle deixaron de pagar.
-
Refráns
- Bo é ter un amigo, inda que sexa no inferno.