inflexión

inflexión

(

  1. s f

    Curvatura que presenta algo recto ou plano.

  2. s f [LING]
    1. Fenómeno de asimilación que afecta á abertura vocálica pola influencia dunha articulación veciña extremadamente pechada, palatal ou velar. Por exemplo, a evolución etimolóxica do latín SĔDĔAM é sexa con e tónico aberto [ε], pero a presenza dunha consoante palatal produciu a inflexión desa vogal pechándoa [e]; tamén a presenza dun iode produciu a inflexión da vocal tónica [ɔ] que se converteu en pechada [o] (FŎLĬA > f[ɔ]lla > f[o]lla).

    2. Modificación significativa na curva melódica dunha emisión fónica.

  3. [MAT]
    1. s f

      Cambio no sentido da concavidade dunha curva.

    2. punto de inflexión

      Punto dunha curva en que cambia o sentido da concavidade e a tanxente corta a curva. Neste punto é nula a segunda derivada da función correspondente á curva e non nula a terceira derivada.

  4. s f [MÚS]
    1. ariación na entoación da voz de quen fala ou canta.

    2. Descenso da liña melódica. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

inflar | inflexibilidade | inflexible | inflexión | inflexionar | inflixir | inflorescencia