inflorescencia

inflorescencia

(

  1. s f [BOT]

    Conxunto de flores agrupadas. As inflorescencias son de dous tipos: en acio ou indefinidas, se o eixe medra indefinidamente, e cimosas ou definidas, se o eixe remata nunha flor e o crecemento se volve lateral. Unha inflorescencia é simple se as ramificacións do eixe principal son unifloras, e composta se son multifloras. Decote as inflorescencias presentan hipsófilos (brácteas e bractéolas).

  2. inflorescencia definida [BOT]

    Inflorescencia en que o eixe primario e cada un dos secundarios remata nunha flor.

Palabras veciñas

inflexión | inflexionar | inflixir | inflorescencia | influencia | influenciable | influenciar