Inguxos, República dos
Inguxos, República dos
Republica de Rusia, situada no Cáucaso (316.900 h [estim 1999). A súa capital é Nazran’. Situada na fronteira con Xeorxia, entre Ossetia ao O, e Chechenia ao L, formou parte da República Socialista Soviética Autónoma dos Chechenos e dos Inguxos, integrada na República Socialista Soviética de Rusia, unha das 15 que formaban a URSS. Trala disolución desta (1991), seguiu pertencendo á Federación Rusa. Membro da Confederación de Estados Independentes desde 1991, trala secesión de Chechenia, os inguxos solicitaron a creación dunha república federal independente, que foi aprobada polo goberno ruso en marzo de 1992, feito que motivou numerosos conflitos para delimitar as fronteiras.