Inmaculada
Inmaculada
[ONOM]
Antropónimo feminino de carácter mariolóxico, procedente do adxectivo latino inmaculata (in- + macŭla ‘mancha, falta’). Ten os hipocorísticos Inma e Adiña. O catolicismo aplicoulle este nome a María, en alusión á súa virxindade (‘sen mancha, sen pecado’), co gallo da celebración da Inmaculada Concepción.