inmaturo -ra
inmaturo -ra
(< lat inmatūru)
-
adx
Que non acadou a madureza.
Ex: Doelle a barriga por comer froita inmatura.
Sinónimos: verde. -
adx
Que non acadou o seu maior grao de desenvolvemento.
Ex: Multáronnos por vender peixe inmaturo. O programa electoral aínda está moi inmaturo como para facelo público.
-
adx e s
Que aínda non ten ou non acadou a madureza física ou intelectual axeitada.
Ex: Es moi inmatura para asumir esa responsabilidade. Es un inmaturo se pensas que sempre haberá alguén que che amañe os problemas.