inmaturo -ra

inmaturo -ra

(< lat inmatūru)

  1. adx

    Que non acadou a madureza.

    Ex: Doelle a barriga por comer froita inmatura.

    Sinónimos: verde.
  2. adx

    Que non acadou o seu maior grao de desenvolvemento.

    Ex: Multáronnos por vender peixe inmaturo. O programa electoral aínda está moi inmaturo como para facelo público.

  3. adx e s

    Que aínda non ten ou non acadou a madureza física ou intelectual axeitada.

    Ex: Es moi inmatura para asumir esa responsabilidade. Es un inmaturo se pensas que sempre haberá alguén que che amañe os problemas.

Palabras veciñas

inmaterialismo | inmaterialista | inmaturidade | inmaturo -ra | inmediación | inmediatez | inmediato -ta