inoportuno -na
inoportuno -na
(< lat inopportūnu)
-
adx
Que non procede nun momento ou lugar determinado.
Ex: As súas inoportunas palabras foron respondidas pola oposición.
Sinónimos: improcedente. Confrontacións: impertinente. -
adx e s
Que ou quen causa molestia coa súa actitude ou presencia.
Ex: Foi moi inoportuno ó presentarse sen chamar antes. Fuches unha inoportuna preguntándolle polo seu noivo.