inorgánico -ca

inorgánico -ca

(< 1 in- +orgánico)

  1. adx [QUÍM]

    Aplícase aos compostos que non conteñen carbono e a aqueles compostos de carbono característicos do reino mineral, como os óxidos, os carbonatos e os carbóns.

  2. adx

    Que carece de organización.

    Ex: Un consello de administración inorgánico non é bo para ninguén.

  3. adx [LING]

    Que resulta estraño ao sistema dunha lingua.

Palabras veciñas

inopinado -da | inoportunidade | inoportuno -na | inorgánico -ca | inosilicato | inosina | inosínico, ácido