inseguro -ra
inseguro -ra
(< 1 in- +seguro)
-
adx
Que carece de seguridade.
Ex: Un paso inseguro naquel lugar podería ser fatal.
-
adx
Que carece de estabilidade ou consistencia.
Ex: Unha varanda insegura pode ser causa de accidentes.
Sinónimos: inestable. Antónimos: firme, firme. -
adx
Que resulta perigoso.
Ex: Vive nunha zona insegura da cidade.
-
adx
Que non ten confianza en si mesmo.
Ex: Sempre foi un rapaz moi inseguro, con moitos problemas.