Instituto de España

Instituto de España

Organismo constituído por decreto do 8 de decembro de 1937. Con sede en Madrid, depende do ministerio de Educación e Cultura. Está formado polo conxunto de académicos das reais academias Española, de Historia, Bellas Artes de San Fernando, Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, Ciencias Morales y Políticas, Nacional de Medicina, Jurisprudencia y Legislación e Nacional de Farmacia, reunidas en corporación estatal. As súas actividades diríxense á celebración de ciclos de conferencias, cursos de terceiro ciclo e publicacións especializadas. Dende 1986 son academias asociadas a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario e a Real Academia de Medicina de Galicia.