Instituto Galego de Formación en Acuicultura
Instituto Galego de Formación en Acuicultura
[IGAFA] Centro de formación situado na punta Niño do Corvo da Illa de Arousa, no centro da zona con maior número de establecementos de cultivos mariños de Galicia. Naceu co obxectivo de impartir cursos para a obtención dos certificados de mariscador, acuicultor e especialista en cultivos mariños. Actualmente imparte a formación profesional en acuicultura. Conta con instalacións específicas de criadeiro, cetárea, laboratorios, un parque flotante (que dispón dunha batea para cultivo de moluscos e de gaiolas para cultivo de peixes), un taller de ensino náutico-pesqueiro, unha aula de aplicacións informáticas e un parque intermareal instalado nunha praia cedida pola Confraría de Pescadores de Arousa.