Instituto Internacional de Planificación Educativa

Instituto Internacional de Planificación Educativa
Nome científico: [IIPE]

Organismo pedagóxico creado en París en 1963 e dependente da UNESCO. Ten como finalidade promover a formación e a investigación na planificación da educación en relación co desenvolvemento socioeconómico. Os seus propósitos principais son formar os reponsables da planificación da educación, investigar aspectos importantes da planificación da educación e difundir os novos conceptos, métodos e técnicas na materia.