Instituto Monetario Europeo

Instituto Monetario Europeo

Organismo monetario con sede en Frankfurt creado por disposición do Tratado de Maastricht, en xaneiro de 1994, coincidindo co principio da segunda fase da Unión Económica e Monetaria, co obxecto de crear un foro de cooperación monetaria entre os bancos centrais da Comunidade Europea. Desapareceu en 1998 coa posta en marcha do Banco Central Europeo e do Sistema Europeo de Bancos Centrais.