instrución
(< lat instructĭōne)
-
s
f
Acción de instruír ou instruírse.
-
s
f
Coñecementos que alguén adquiriu.
Ex: É un home sen instrución.
-
s
f pl
Instrución que se dá para o manexo ou a execución de algo.
Ex: As instrucións viñan dentro da caixa. Esperaban as instrucións do xefe.
-
[BÉL]
-
s
f
Conxunto de exercicios prácticos que executan as unidades militares.
-
instrucción militar
Instrución esixida a todos os individuos do exército, destinada a capacitalos para as misións que se lles poidan confiar.
-
s
f
-
[INFORM]
Cadea de caracteres que, en linguaxes de programación e en relación a un conxunto determinado de operacións, especifica parcialmente ou completamente unha operación. Normalmente a instrución motiva que o proceso especificado se execute.
-
instrución do sumario
[DER]
Actividade investigadora levada a cabo por un xuíz instrutor, preparatoria do xuízo penal, na que se recompilan os elementos (declaracións, probas materiais, informes periciais, etc) de interese para o proceso.
-
instrución pública
[EDUC]
Instrución por conta do Estado que se refire á educación dos nenos e dos mozos, efectuada a través de organismos encargados de subministrala.