instrumento

instrumento

(< lat instrumentu)

    1. s m

      Obxecto que se emprega para a realización dun traballo ou unha operación.

      Ex: Non pode facer un bo traballo porque non ten bos instrumentos.

      Sinónimos: aparato, aparello, ferramenta, til, utensilio.
    2. instrumento de reflexión [MAR]

      Aparello que, baseándose nas leis de reflexión da luz sobre espellos planos, se emprega a bordo das naves para medir certos ángulos, especialmente as alturas dos astros. Os instrumentos de reflexión son o octante, o sextante, o quintante, o cuadrante e o círculo enteiro.

  1. s m [MÚS]

    Obxecto natural ou elaborado expresamente que se emprega para producir sons musicais. Hai dúas grandes clasificacións. A máis tradicional, que se basea en criterios como a maneira de producir o son, as características de certas partes do instrumento e o tipo de execución, inclúe tres grupos principais: corda, vento e percusión; dentro de cada grupo hai subdivisións, as chamadas familias. Diferéncianse tamén os instrumentos de afinación fixa dos de afinación variable. A moderna clasificación organolóxica, debida a C. Sachs e E. Hornbostel, propuxo un criterio único, baseado na maneira na que o instrumento produce as vibracións sonoras. Así, nun instrumento aerófono o son prodúcese pola vibración dunha columna de aire, no cordófono pola vibración dunha ou diversas cordas, no idiófono o instrumento é o que vibra cando é percutido e no membráfono faise mediante unha membrana; finalmente, o electrófono produce o son mediante dispositivos eléctricos ou electrónicos.

  2. s m

    Cousa ou persoa da que alguén se vale para a realización dun fin.

    Ex: Úsano como un instrumento político.

  3. s m [DER]

    Escritura ou documento co que se xustifica ou proba unha cousa.