aparato
(
-
s
m
Utensilio, xeralmente mecánico, formado por varias pezas que realizan conxuntamente un traballo ou función determinada.
Ex: Co novo aparato que mercaron, podemos fabricar o mesmo en menos tempo.
Sinónimos: aparello, instrumento. Confrontacións: til, utensilio. -
s
m
Conxunto de elementos ou organismos que permiten a realización de algo concreto.
Ex: O aparato do partido decidiu botar a estes militantes fóra.
-
s
m
Ostentación de preparativos ou medios ante un acontecemento, en xeral de importancia ou que require celebración.
Ex: A infanta celebrou unha voda con grande aparato.
Sinónimos: pompa. Antónimos: humildade, sinxeleza. -
s
m
[BIOL]
-
Conxunto de órganos, de orixe embrionaria xeralmente común, especializado para levar a termo unha función determinada. Por exemplo: aparato circulatorio, dixestivo, urinario, respiratorio, locomotor. O aparato está formado por diversos tipos de tecido.
Sinónimos: aparello. -
Estrutura celular que leva a termo unha función determinada, por exemplo, o aparato ou complexo de Golgi.
Sinónimos: aparello.
-
-
[LING/FILOL]
-
aparato fonético
Calquera clase de mecanismo empregado experimentalmente para medir determinados trazos da fonación lingüística, entendido como proceso complexo de transmisión oral. Os diversos aparatos usados dende a Antigüidade clasifícanse, de acordo co seu campo de orientación, en articulatorios (o quimógrafo, o lanxiroscopio, a larinxe artificial, o palatógrafo, o linguógrafo, o cinematógrafo de películas radiolóxicas e de labios), acústicos (o fonógrafo -pouco usado xa na actualidade-, o cromógrafo, o oscilógrafo de raios catódicos, o espectógrafo ou sonógrafo, e o vocoder), e auditivos (o sintetizador de linguaxe).
-
aparato vocal
Conxunto de elementos fisióloxicos que interveñen na fonación lingüística e que se soen dividir en tres subaparatos: respiratorio, fonador e articulatorio. O aparato respiratorio comprende o mecanismo pulmonar, os bronquios e a traquea. O aparato fonador está formado pola larinxe que, á súa vez, se compón das cordas vocais, as cartilaxes cricoides, aritenoides e tiroides (a noz), etc. O aparato articulatorio está formado polos labios, os dentes, os alvéolos, o padal, a farinxe, a lingua, a úvula, o canal rinofarínxeo e as cavidades nasais.
-
aparato fonético
-
aparato crítico
[FILOL]
Conxunto de datos de carácter histórico, arquivístico, diplomático, filolóxico, bibliográfico, etc, facilitados polo editor dun texto para xustificar unha determinada interpretación dun texto literario ou dun documento. Pertencen ao aparato crítico as notas textuais, o glosario, a lista de variantes de lectura, os apéndices, as introducións e outras axudas que o responsable da edición considere de interese para a comprensión do texto.
-
aparato de guerra
[BÉL]
Conxunto de cousas que se necesitan para a guerra.
Ex: As autoridades ameazaron a guerrilla con utilizar todo o seu aparato de guerra.