Ínsula
Ínsula
Publicación mensual de carácter literario editada en Madrid desde 1946. Subtitúlase “Revista de letras y ciencias humanas” e é unha das máis importantes dentro do panorama literario español. Fundada por Enrique Canito, está dirixida por José Luis Cano. Entre os seus contidos cómpre salientar as numerosas monografías e recensións das obras de diversos autores galegos.