integración

integración

(

  1. s f

    Acción e efecto de integrar ou integrarse.

  2. s f [MAT]

    Cálculo dunha integral. Para calcular integrais indefinidas son útiles o método de integración por substitución e o método de integración por partes. Segundo o primeiro, faise x(t), e substitúe este valor á integral. O método de integración por partes baséase na relación ʃ u dv = dv - ʃ v du e redúcese a resolver esta integral. A regra de Barrow proporciona un método xeral para calcular integrais definidas a partir das correspondentes integrais indefinidas. Segundo esta regra, se F(x) é a integral indefinida de f(x), entón ʃ b a f(x) dx = F(b) - F(a). No cálculo de integrais múltiples utilízase o denominado método de integración reiterada, que consiste en integrar sucesivamente a función respecto a cada unha das variables, mantendo constantes as outras. No caso dunha función continua de variable complexa, emprégase o método dos residuos. Entre os outros métodos para calcular integrais definidas destacan os métodos numéricos.

  3. s f [DER]

    Actividade realizada na aplicación do dereito que ten por obxecto cubrir as lagoas, defectos ou eivas na regulación, cando é precisa, dun suposto de feito concreto e determinado, mediante o recurso a elementos do mesmo sistema xurídico ou consuetudinario.

  4. s f [FÍS]

    Disposición dos diversos compoñentes e dispositivos electrónicos nun circuíto integrado, de xeito que nun espazo moi reducido pode disporse un número moi elevado destes elementos. As diferentes técnicas de fabricación permitiron conseguir diferentes graos de integración, actualmente moi elevados. Distínguese entre integración a pequena escala (SSI), mediana (MSI), grande (LSI) e moi grande (VLSI).

  5. [ECON]
    1. s f

      Operacións de fusión e de absorción de empresas.

    2. integración económica

      Proceso polo que varios mercados se unen para crear un só, a través do incremento das súas relacións comerciais e do establecemento de medidas de política económica comúns. De menor a maior pódense distinguir distintos graos de integración: sistema de preferencias aduaneiras, zona de libre comercio, unión aduaneira, mercado común, unión económica e integración total.

  6. s f [SOCIOL]
    1. Conxunto de relacións que dan a cada individuo a conciencia da súa identificación co grupo e da súa participación dentro do conxunto social cohesionado.

    2. Proceso polo que unha sociedade asimila os elementos heteroxéneos: inmigrantes e marxinados.

  7. integración fotoeléctrica [COMUN]

    Fenómeno que ten lugar no mosaico dos tubos analizadores, segundo o que cada célula elemental se carga, durante a emisión dunha imaxe completa, grazas á emisión fotoeléctrica producida pola luz incidente. Empregouse por primeira vez no iconoscopio.

Palabras veciñas

intanxibilidade | intanxible | integrable | integración | integracionismo | integracionista | integrador