integrador
integrador
(< integrar)
-
adx
Que integra.
-
s
m
[TECNOL]
Aparato ou dispositivo, mecánico ou electrónico, que integra ou totaliza o valor dunha magnitude variable lentamente no tempo, como o caudal dun líquido ou unha corrente eléctrica. Os integradores empréganse nos contadores.
-
s
m
[MAT/TECNOL/FÍS]
Aparato ou dispositivo, mecánico ou electrónico, destinado ao cálculo de integrais. Os mecánicos poden ser intégrafos ou integrómetros. Os integradores electrónicos poden efectuar a integración directamente sobre un sinal analóxico mediante amplificadores operacionais.
-
integrador fotoeléctrico
[METROL]
Aparato para determinar o fluxo luminoso mediante unha medida única. Consta dunha esfera de Ulbricht asociada a un fotómetro.