intercambiador -ra

intercambiador -ra

(

  1. adx

    Que intercambia ou que serve para intercambiar.

  2. intercambiador de calor [FÍS]

    Aparato empregado para transmitir calor dun fluído a outro que está a temperatura inferior. Estes circulan manténdose separados por unha parede dun material bo condutor. A disposición máis tradicional consiste en dous tubos concéntricos, un condutor do fluído quentador, e o outro do quentado. Non obstante , o máis corrente é que o aparato dispoña dun corpo cilíndrico de material termicamente illante, que contén no interior un grupo de tubos de material bo condutor; un fluído circula polo interior destes, e outro é conducido directamente polo corpo do aparato.

  3. intercambiador iónico [QUÍM]

    Substancia insoluble en agua que contén ións lábiles capaces de ser intercambiados por outros ións con carga do mesmo signo, presentes nunha solución acuosa coa que entra en contacto, sen que teña lugar ningún cambio físico maior na súa estrutura. Segundo os ións lábiles sexan positivos ou negativos, os cambiadores son catiónicos ou aniónicos, respectivamente. Coñécense de orixe natural, pero na actualidade os máis empregados son de natureza sintética. Os cambiadores iónicos posúen unha estrutura reticular tridimensional e grupos funcionais ionizables que reteñen por atracción electroestática os ións intercambiables. A forza ácida ou básica destes grupos determina o comportamento do cambiador, que está condicionado tamén pola dimensión media dos poros do retículo. O cambiador soamente é eficaz en condicións en que os seus grupos activos sexan ionizados. Iso fai que os cambiadores fortemente ácidos ou fortemente básicos actúen nun campo moi amplo de valores de pH; os que conteñen grupos ácidos febles, só o fan en zonas básicas de pH e os posuidores dos grupos básicos febles, só en medio ácido.

Palabras veciñas

1 intercalar | 2 intercalar | intercambiable | intercambiador -ra | intercambiar | intercambio | interceder