interesado -da

interesado -da

(< interesar)

  1. p reg

    de interesar ou interesarse.

  2. adx e s

    Que ou quen ten interese en algo.

    Ex: Díxolle que estaba interesado en ir con eles.

  3. adx e s

    Que ou quen se move polo seu propio proveito ou interese.

    Ex: É un interesado, só lle axuda para que lle deixe o que ten.

  4. s [DER]

    Persoa que ten capacidade para promover administrativamente ou que é titular dun interese ou dereito lexítimo persoal e directo, e que pode resultar afectado pola resolución adoptada nun expediente aberto.

Refráns

  • Di un vello refrán que alá se van os ollos onde está a vontá.
  • Non haí parvo para o seu proveito.
  • Ó bo traxinante non lle doen os pes.
  • O camiño da boca ninguén o equivoca.
  • O can do ferreiro dorme ás marteladas e desperta ás talladas.
  • Sempre o corvo vai a onde preada hai.

Palabras veciñas

interdisciplinario -ria | interdito | interdixital | interesado -da | interesante | interesar | InteresArte