interesado -da
interesado -da
(< interesar)
-
p reg
de interesar ou interesarse.
-
adx e s
Que ou quen ten interese en algo.
Ex: Díxolle que estaba interesado en ir con eles.
-
adx e s
Que ou quen se move polo seu propio proveito ou interese.
Ex: É un interesado, só lle axuda para que lle deixe o que ten.
-
s
[DER]
Persoa que ten capacidade para promover administrativamente ou que é titular dun interese ou dereito lexítimo persoal e directo, e que pode resultar afectado pola resolución adoptada nun expediente aberto.
Refráns
- Di un vello refrán que alá se van os ollos onde está a vontá.
- Non haí parvo para o seu proveito.
- Ó bo traxinante non lle doen os pes.
- O camiño da boca ninguén o equivoca.
- O can do ferreiro dorme ás marteladas e desperta ás talladas.
- Sempre o corvo vai a onde preada hai.