InteresArte

InteresArte
[PUBLIC]

Revista publicada en Vigo desde 1997 a 2002. De carácter divulgativo, tratou a actualidade artística galega, especialmente todo o referido ás artes plásticas. Editada por Galaxia e dirixida por David Barro López, publicáronse doce números cunha periodicidade inicial cuadrimestral para logo pasar a ser irregular. Contiña recensións literarias, análises de actualidade e entrevistas referidas á arquitectura, cine, fotografía, teatro ou danza en Galicia.