Internacional, Segunda
Internacional, Segunda
Organización de traballadores fundada en París en 1889, coa participación dos principais partidos socialistas e sindicatos profesionais. Estableceu a necesidade de formar partidos políticos proletarios que aceptasen o parlamentarismo e o utilizasen para mellorar as condicións sociolaborais do proletariado. O Congreso de Stuttgart (1907) proclamou unha postura antibelicista pero, ao estoupar a Primeira Guerra Mundial, a política maioritariamente partidaria da defensa do propio estado provocou a súa disolución.