íntimo -ma

íntimo -ma

(< lat intĭmu)

  1. adx
    1. Que pertence ao máis profundo, reservado e individual dunha persoa.

      Ex: No íntimo da súa alma sentía un fondo pesar.

    2. Que mostra os sentimentos da persoa.

      Ex: A primeira etapa caracterizouse por unha poesía íntima e sinxela.

  2. adx

    Que permanece oculto aos demais porque pertence a un individuo en particular.

    Ex: A vida íntima non lla conta a ninguén.

  3. adx
    1. Que está reservado a un número reducido de persoas coas que se ten un trato de confianza.

      Ex: Foi un acto íntimo ó que só asistiron dez persoas.

    2. Que é tranquilo e axeitado para un trato persoal ou un uso privado.

      Ex: Colocou o sofá no recanto máis íntimo da sala.

  4. adx e s

    Que ou quen é de moita confianza e moi amigo.

    Ex: Só asistiu un amigo íntimo e a súa dona. Á cea viñeron os máis íntimos.

  5. adx

    Que ten os seus elementos moi unidos ou moi relacionados entre si.

    Ex: Existe unha íntima conexión entre todos os feitos.

  6. adx e s f [ZOOL]

    Aplícase á máis interna das capas dun vaso sanguíneo.

Palabras veciñas

intimidar | intimismo | intimista | íntimo -ma | intina | intitulación | intitular