íntimo -ma
(< lat intĭmu)
-
adx
-
Que pertence ao máis profundo, reservado e individual dunha persoa.
Ex: No íntimo da súa alma sentía un fondo pesar.
-
Que mostra os sentimentos da persoa.
Ex: A primeira etapa caracterizouse por unha poesía íntima e sinxela.
-
-
adx
Que permanece oculto aos demais porque pertence a un individuo en particular.
Ex: A vida íntima non lla conta a ninguén.
-
adx
-
Que está reservado a un número reducido de persoas coas que se ten un trato de confianza.
Ex: Foi un acto íntimo ó que só asistiron dez persoas.
-
Que é tranquilo e axeitado para un trato persoal ou un uso privado.
Ex: Colocou o sofá no recanto máis íntimo da sala.
-
-
adx e s
Que ou quen é de moita confianza e moi amigo.
Ex: Só asistiu un amigo íntimo e a súa dona. Á cea viñeron os máis íntimos.
-
adx
Que ten os seus elementos moi unidos ou moi relacionados entre si.
Ex: Existe unha íntima conexión entre todos os feitos.
-
adx e s
f
[ZOOL]
Aplícase á máis interna das capas dun vaso sanguíneo.