inuit*

inuit*
  1. s

    Denominación que se dan a si mesmos os esquimós.

  2. s m [LING]

    Lingua da familia esquimó do phylum esquimó-aleutiano. Fálase en Groenlandia, no N de Canadá e en EE UU (N de Alasca). Os estudiosos non teñen claro se se trata de linguas diferentes ou de dialectos da mesma lingua, pero parece que tales variantes non son intercomprensibles e poderían considerarse linguas diferentes, como é o caso do groenlandés.

Palabras veciñas

intumescencia | intumescente | intususcepción | inuit* | Inula | inulase | inulina