invariante

invariante

(< 1 in- +variante)

  1. adx

    Que non varía.

    Antónimos: variante.
  2. s m [FÍS]

    Magnitude, expresión ou relación que non varía ao sufrir o sistema unha transformación ou ao cambiar de coordenadas.

  3. adx e s f [LING]

    Unidade do sistema que é independente da súa realización concreta. Por exemplo, o fonema é a invariante respecto aos seus alófonos.

  4. m [MAT]
    1. constante.

    2. adx

      Propio dun elemento que se aplica a si mesmo nunha aplicación.

    3. Aplícase á función que toma o mesmo valor nun elemento calquera e na imaxe do elemento nunha aplicación. Estas funcións son tratadas na chamada teoría das invariantes.

Palabras veciñas

invariabilidade | invariable | invariancia | invariante | invasión | invasor -ra | invaxinación