variante

variante

(< variar)

  1. adx

    Que varía.

  2. s f

    Forma ou solución diferente respecto a algo que se toma como referencia.

  3. s f

    Resultado diferente ao 1 nas quinielas de fútbol.

  4. s f

    Desviación dun treito da estrada.

  5. s f [LING]

    Expresión, pronuncia ou palabra que ten unha forma diferente a outra. Denomínase variante libre se a diferenza se dá entre dúas unidades lingüísticas distintas que poden aparecer nun mesmo contexto, de maneira que a substitución dunha pola outra non orixina unha palabra diferente, senón unicamente unha pronuncia distinta da mesma palabra (domingo, dominco); e variante combinatoria se a diferenza se dá entre dúas unidades lingüísticas distintas que non poden aparecer nun mesmo contexto, pero presentan entre elas un parentesco (o [ð] fricativo en posición intervocálica (seda) e o [d] oclusivo en contacto con consoante (tenda) son variantes combinatorias do fonema /d/).

  6. s f [LIT]

    Lectura diverxente dun texto tomado como base dunha edición crítica.

Palabras veciñas

variable | variación | variado -da | variante | varianza | variar | varicela