inventario

inventario

(

  1. s m
    1. Enumeración ou reconto, de xeito preciso, dos bens ou materiais de que se dispón.

      Ex: Fixeron o inventario das mercadorías que quedaban por distribuír.

    2. [ECON]

      Enumeración de todos os bens patrimoniais dunha empresa. Para facer o inventario anual procédese ao reconto físico dos bens da empresa co obxecto de comprobar as cantidades contabilizadas. Unha vez valorado, rexístrase este reconto no libro de inventarios e balances.

    3. [BOT]

      Anotación das especies vexetais e de diversos datos de interese xeobotánico dunha estación ou dun lugar determinado.

  2. s m

    Lista de cousas inventariadas.

    Ex: Revisa o inventario para repoñer os libros que faltan.

Palabras veciñas

inventar | inventariable | inventariar | inventario | inventio* | inventiva | inventivo -va