inventio*
inventio*
s
f
[LIT]
Primeira das cinco partes en que se estruturaba o discurso oratorio segundo a retórica clásica. Constitúe o primeiro anel dunha cadea que complementan a dispositio e a elocutio, memoria e actio, e a través dela recóllense os materiais necesarios para defender unha causa, especialmente os argumentos principais ou máis destacados para o orador. Por extensión, na obra literaria está relacionada coa recollida e estruturación dos argumentos que conformarán o texto.