Iolanda

Iolanda
[ONOM]

Antropónimo feminino de etimoloxía incerta, suponse que deriva do nome do franco-provenzal antigo Yolant, Yolans e Yolande, forma medieval de Violante que, á súa vez, deriva do latín Viola ‘violeta’. Para outros, a orixe é netamente xermánica, quizais composto de -lind ou      -linta ‘escudo’. Atribúeselle o significado de “cor da violeta”. Tamén se considera unha variante de Helena. Santa Iolanda (s XIII), filla do conde de Veanden (Polonia), da orde das dominicanas de Marienthal, celébrase o 28 de decembro.

Palabras veciñas

iogureira | iohimbina | ioió | Iolanda | ión | Ión | ión-gramo