ión

ión

(< gr ἰών ‘que vai’)

  1. s m [FÍS/QUÍM]

    Átomo ou grupo de átomos que teñen unha carga eléctrica debida á perda (ión positivo) ou á captura (ión negativo) de electróns. Considerada a carga eléctrica dos ións, cando son sometidos á acción dun campo eléctrico desprázanse cara ao electrón de signo oposto, e denomínanse catións os de carga positiva e anións os de carga negativa. Os ións electrolíticos foron estudiados por M. Faraday, S. Arrhenius e F. Kohlrausch. Un ión represéntase co símbolo do elemento e un expoñente (Na + , Fe 3+ , PO 4 3- ), que indica o signo do ión e o seu grao de ionización. A función dos ións é esencial nos sólidos. Ao estaren en disolución, os ións fanse portadores da corrente eléctrica. A solubilidade na auga dos sales é seguida dunha solvatación dos ións. Tamén hai ións gasosos; os gases monoatómicos e os vapores metálicos ao ionizárense convértense en condutores de electricidade.

  2. efecto do ión común [QUÍM]

    Desprazamento de equilibrio, no sentido de contrarrestar o aumento de concentración producido pola adición do ión, nun electrólitro feble en equilibrio iónico.

Palabras veciñas

iohimbina | ioió | Iolanda | ión | Ión | ión-gramo | Ionatán