iowa*
iowa*
-
adx
Relativo ou pertencente aos iowa.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo iowa.
-
s
m pl
[ETN]
Tribo síux de América do Norte, orixinaria da área dos Grandes Lagos. Trasladouse cara ao S e estableceuse ao redor do río Iowa, na súa confluencia co Mississippi. Contactaron cos exploradores franceses en 1702 e durante o s XVIII comerciaron cos trampeiros que percorrían a rexión. A chegada de colonos desde comezos do s XIX limitou o seu territorio a unha área próxima ao río Platte (1824) e dificultou a súa supervivencia. Confinados nunha reserva desde 1836, desprazáronse posteriormente ao territorio indio de Oklahoma, onde se creou unha reserva para eles (1883). A súa poboación agrúpase ao redor de tres núcleos en Oklahoma, Kansas e Nebraska.