Iowa

Iowa

Estado da rexión de Medio Oeste, en EE UU (145.753 km2; 2.926.324 h [2000]). A súa capital é Des Moines (198.682 h [2000]). O seu territorio corresponde cunha chaira inclinada lixeiramente cara ao NO, cuberta de sedimentos glaciares, drenada por afluentes do Missouri. O clima é continental. Iowa é un dos estados agrícolas máis produtivos da Unión, grazas á fertilidade dos seus solos. O 95% da superficie agraria útil está cultivada. Descuberto polos franceses (1673), foi comprado por EE UU (1803). Converteuse en Estado en 1846 e mantivo continuas loitas cos indios entre 1857 e 1890.

Palabras veciñas

ioruri* | iota | iotacismo | Iowa | iowa* | Iparralde | IPC