Iqbal, Mu ammad
Iqbal, Mu ammad
Poeta e filósofo islámico. Doutorado en Filosofía na Universidade de Múnic, regresou a India onde exerceu como avogado e político. Convertido no presidente da Liga Musulmana (1930), amosouse partidario da creación dun estado musulmán no N de India. Na súa obra filosófica, en que destaca O desenvolvemento da metafísica en Persia (1908), tentou harmonizar a teoloxía islámica coa ciencia e a filosofía occidental. Foi autor de poesías en persa Asrār-i Khūdī (Segredos do eu, 1915) e Ghāvīdnāma (1932); son notables as dúas coleccións de poemas en urdú Bāl-i Jibrīl (A á de Gabriel, 1935) e Darb-i Kalīm (O golpe de Moisés, 1936).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Si&# -
Deceso
Lugar : L&#