Irun
Irun
Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, situado no curso baixo do Bidasoa (56.601 h [2001]). Debido á súa localización, na fronteira con Francia, é un activo centro comercial. A antiga Uranzu quedou baixo a xurisdición de Hondarribia ata 1766. Foi escenario da Guerra da Independencia e das Guerras Carlistas. Durante a Guerra Civil Española ocupárona as forzas procedentes de Navarra en setembro de 1936. Do seu patrimonio cultural destacan a ermida de Santa Elena, Ben de Interese Cultural (BIC) desde 1984, as casas de Arbelaiz, Urdanibia e San Juan Acerri, todas elas BIC desde 1964, e a igrexa gótica de Nuestra Señora del Juncal, BIC desde 1973.