Isauro/Isaura
Isauro/Isaura
[ONOM]
Antropónimo que ten a súa orixe no grego Isauros, latinizado Isaurus ‘oriúndo da antiga rexión de Isauria’, ‘relativo ou pertencente aos isaurios’. Houbo un santo Isauro, diácono ateniense, martirizado xunto con san Fiz e outros mártires. A súa festividade celébrase o 17 de xuño.