isáurico -ca

isáurico -ca

(< topónimo Isauria)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Isauria ou aos isaurios.

  2. dinastía isáurica [HIST]

    Dinastía bizantina, orixinaria de Isauria, que gobernou o Imperio de Oriente de 717 a 802. A súa época estivo marcada polas loitas iconoclastas, iniciadas con León III (725), contra o culto das imaxes. Despois que a Emperatriz Irea restableceu o culto das imaxes no Concilio II ;de Nicea (787), León V o Armenio, inciou un novo período iconoclasta (813-843). Durante este período perdéronse boa parte das posesións bizantinas de Italia (Ravenna, 751), e Bizancio e Roma axudáronse mutuamente.

Palabras veciñas

Isar | isatoico, ácido | Isauria | isáurico -ca | isaurio -ria | Isauro/Isaura | isba