Íscar

Íscar

Municipio situado na provincia de Valladolid, Castela-León (6.309 h [2001]). Está ao L de Medina del Campo e   a súa economía é eminentemente agrícola. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de San Miguel, románica do s XII, e de Santa María, construída no s XIII en estilo mudéxar e declarada Ben de Interese Cultural en 1931.