Isidro Labrego, santo
(Madrid 1070? - 1130) Humilde labrego. Casou cunha campesiña, María da Cabeza, que chegaría tamén a ser santa. Canonizado por Gregorio XV (1622), promocionou o seu culto o Rei Carlos III o Político durante a segunda metade do s XVIII, por ser o patrón da capital de España, ademais de ter tamén o padroado dos labregos e da facultade de Enxeñería Técnica Agrícola. Na iconografía viste o traxe tradicional dos labregos casteláns, con chaqueta e calzón curto, e como atributo persoal leva un arado tirado por unha xugada de bois ou vacas, en actitude de oración. Santo Isidro é patrón dos concellos de Boimorto, Frades, Mesía, O Incio, O Rosal, Oza dos Ríos, Rois, Toques e Triacastela. A súa festividade celébrase o 15 de maio, agás no concello de Tordoia, onde se celebra o 20 de maio.