islandés -sa

islandés -sa

(< topónimo Islandia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Islandia.

  2. s

    Natural ou habitante de Islandia.

  3. s m [LING]

    Lingua xermánica do subgrupo setentrional do phylum indoeuropeo que se fala en Islandia. As diferencias dialectais son escasas, principalmente de índole fonética, entre os falantes do sur e do norte. Lexicamente a lingua é moi pura, debido á reacción iniciada ao comezo do s XIX para eliminar os numerosos barbarismos que tiña. Desde o s XII emprégase o alfabeto latino, con adicción de dous signos (ð, ).

  4. arte islandesa [ARTE]

    Arte desenvolvida en Islandia. Consérvanse poucos vestixios medievais e, con posterioridade á Reforma, só ilustracións de libros. No s XIX desenvolveuse a pintura de paisaxe, xénero influenciado polo impresionismo e no que destacaron Asgrímur Jónsson (1876-1958) e Johannes Krjaval (1885-1972). Na escultura destacou Asmudur Sveinsson (1893-1982) que creou unha escultura moderna oposta ao clasicismo de Sigoroûr Sigoroûr (1916). No s XX destacaron Hörôur Agustsson (1922), Karl Kvaran (1924) e Erró (1932), representantes da arte abstracta, do xeometrismo e do surrealismo, respectivamente. No eido da arquitectura cómpre destacar a G. Samúelsson, autor da Universidade de Islandia, do Teatro Nacional e da Hallgrimkirkja de Reykjavik.

  5. literatura islandesa [LIT]

    Literatura escrita en islandés. Nos ss X e XI destacou unha poesía de argumento heroico inspirada na mitoloxía nórdica (cantos de Edda), as poesías dos escaldes (poetas cortesáns, dos que E. Skalagrimsson foi un dos máis coñecidos), e as sagas, narracións en prosa dos relatos tradicionais conservados oralmente, aos que se volverá durante o romanticismo (Thorarensen, Hallgrimsson e G. Thomsen). A Biblia traduciuna G. Thórláksson en 1584. No s XX, cómpre salientar a H. Kiljan Laxness, quen foi galardoado co Premio Nobel de Literatura (1955). A finais do s XX destacou Gudbergur Bergsson, autor da novela Tómas Jónsson, cualificada como a primeira obra realmente contemporánea da literatura islandesa. A partir de 2001 tivo unha gran transcendencia a obra de autores como Einar Már Gudmundsson, Hálgrium Helgason, Anna G. Jónasdóttir, Halldór Laxness, Olafur Olafsson, Snorri Sturlusson e Thorvaldur Thorsteinsson.

  6. música islandesa [MÚS]

    Arte musical cultivada en Islandia. O folclore islandés conserva sinais da colonización viquinga. Existe unha forma de canto épico popular, o tvisöngur; no           s XVI difundiuse a danza nacional, vikivaki, e a música coral protestante. No s XIX destacaron compositores como S. Sveinbjörnsson (1847-1927) e Sigfús Einarsson (1877-1939). A vida musical céntrase en Reykjavik, onde está a Orquestra Sinfónica da cidade e o Teatro Nacional Islandés.

Palabras veciñas

islamita | islamización | islamizar | islandés -sa | Islandia | Islandia, depresión de | islanditoxina