Islas de la Bahía

Islas de la Bahía

Arquipélago de Honduras situado fronte á costa meridional do golfo de Honduras, que constitúe un departamento administrativo (261 km2; 24.000 h [estim 1994]). A súa capital é Roatán (3.901 h [1988]). A súa agricultura baséase nos cultivos tropicais. A poboación está constituída por descendentes dos negros e os caribeños introducidos polos británicos, que cederon as illas a Honduras en 1859.