isoglosa
isoglosa
(< 1 iso- + gr γλῶσσα ‘lingua’)
s
f
[LING]
Liña imaxinaria que sinala o límite entre a presenza e a ausencia dun trazo lingüístico determinado (fonético, morfolóxico, léxico, etc) e que separa dúas áreas lingüísticas. Así, por exemplo, a formación do plural dos nomes e adxectivos rematados en -n, que proceden das terminacións latinas -ĀNES, -ŌNES, marca a isoglosa cans/cas que separa as falas do bloque central das do occidental e a isoglosa cas/cais que separa as do bloque central das do oriental.