isógono -na

isógono -na

(< gr ἰσογώνιος‘de ángulos iguais’)

  1. adx [MAT]

    equiángulo.

  2. [XEOL]
    1. adx

      Aplícase aos puntos da superficie terrestre que teñen a mesma inclinación magnética.

    2. adx e s f

      Aplícase á liña que une puntos coa mesma inclinación magnética.

  3. adx e s f [METEOR]

    Aplícase á liña que une os puntos onde o vento ten a mesma dirección en relación aos puntos cardinais.

Palabras veciñas

isoglosa | isogonal | isogónico -ca | isógono -na | isógrada | isografía | isograma