isométrico -ca
isométrico -ca
(< isometría)
-
adx
Relativo ou pertencente á isometría.
-
adx
[MAT]
Aplícase aos espacios métricos entre os que se pode establecer unha isometría.
-
contracción isométrica
[FISIOL]
Contracción dun músculo sen que se produza acurtamento nin alongamento. A enerxía producida, polo tanto, non realiza ningún traballo mecánico senón que se libera en forma de calor.
-
sistema isométrico
[FÍS]
sistema cúbico.