isomorfismo
isomorfismo
(
-
s
m
Calidade de isomorfo.
-
s
m
[QUÍM]
Propiedade das substancias que, sendo quimicamente diferentes, teñen as mesmas características cristalográficas. Para que dúas substancias sexan isomorfas teñen que ser isotípicas e, ademais, que sexan compatibles as dimensións das partículas estruturais (átomos, ións, moléculas).
-
s
m
[MAT]
Aplicación matemática que é ao mesmo tempo inxectiva e exhaustiva.
-
s
m
[LING]
Semellanza de trazos estruturais entre o plano fónico da lingua e o semántico. A súa investigación é un dos principais obxectivos da glosemática.