Isozaki, Arata

Isozaki, Arata

Arquitecto xaponés. Foi catedrático de enxeñería urbana na Universidade de Toquio desde 1964. Discípulo e colaborador de Kenzo Tange, intregrouse no Grupo Metabolismo e traballou no plano de desenvolvemento de Toquio. En 1970 comezou a definir unha linguaxe propia, inscrita na arquitectura posmoderna. Entre as súas obras destacan o Museo Municipal de Kitakyūshū (1972-1974), o centro cívico de Tsukuba (1982), o Museo de Arte Contemporánea de Los Angeles (1981-1986), o Palau Sant Jordi de Barcelona, inaugurado en 1990, e a Domus-Casa do Home da Coruña, inaugurada en 1995.

Cronología

  • Nacemento